En A Ostreira criamos ameixas e ostras dende a selección dos reprodutores ata a posterior comercialización dos xuvenís e adultos. Anualmente, producimos 150 millóns de unidades destes moluscos. Somos a única empresa galega que xestiona e controla todo o ciclo de produción dos bivalvos.
Para satisfacer as necesidades do mercado, dispoñemos de dúas plantas en terra, unha ‘hatchery’ en Barizo–Malpica e unha ‘nursery’ en Meloxo–O Grove, así como dun sistema flotante de cultivo na Ría de Arousa composto por dez bateas. En Barizo e Meloxo realízanse as etapas iniciais do cultivo, mentres que nas bateas se produce o pre-engorde e engorde dos xuvenís.
Barizo
1. Recollida e selección
Da man das confrarías galegas, o equipo de técnicos de A Ostreira percorre a costa buscando os mellores exemplares de reprodutores de ameixa fina, babosa e xapónica, e de ostra plana. Despois, todas elas trasládanse á ‘hatchery’ situada en Barizo (Malpica de Bergantiños), onde se preparan estes exemplares excelentes de cada especie para comezar os procesos reprodutivos.

2. Desova – ‘Hatchery’
Para acelerar o proceso natural de reprodución, na ‘hatchery’ provócanse artificialmente as desovas dos exemplares. Para iso, sométese aos lotes de reprodutores a unha suba brusca da temperatura da auga, o que se denomina “shock térmico“. Este cambio repentino provoca que os machos e as femias maduros sexualmente liberen os seus gametos (espermatozoides e ovocitos) na auga, onde se fusionarán. Os xuvenís pasan por distintos estadios de crecemento até alcanzar un tamaño de tamiz >1mm.

O Grove

3. Pre-engorde – ‘Nursery’
Unha vez alcanzado o tamiz >1 mm, as sementes trasladanse á ‘nursery’ de O Grove, onde seguen crecendo baixo condicións controladas e aliméntanse con fitoplancton cultivado nas piscinas exteriores desa mesma planta. Permanecen aquí até alcanzar un tamaño de tamiz >2mm.

4. Engorde en batea
Unha vez que acadan un tamaño de tamiz >2mm, as sementes trasládanse a sistemas de cultivo flotantes estabulados para o seu pre-engorde nas dez bateas que temos na Ría de Arousa.
4. Engorde en batea
Unha vez que acadan un tamaño de tamiz >2mm, as sementes trasládanse a sistemas de cultivo flotantes estabulados para o seu pre-engorde nas dez bateas que temos na Ría de Arousa.

5. Comercialización
Finalmente, cando os xuvenís acadan tamaños comprendidos entre o tamiz >4mm e o tamiz >10mm, véndense a concesionarios de bateas de ostra e ameixa, confrarías de mariscadores galegos, parqueiros de distintas partes de Galicia e de España, etc.