
VENERUPIS corrugata – Ameixa babosa, chocha, cadela
Características
– Orixe: Autóctona galega
– Cor: Normalmente gris pálido ou crema, con bandas sutís de tonalidade máis intensa, e unhas liñas que se debuxan na súa cuncha en paralelo ao seu borde
– Sifóns: Unidos en toda a súa lonxitude
Observacións
– Dispoñibilidade: todo o ano
– Prazo de pedido: un ano de antelación

RUDITAPES philippinarum – Ameixa xaponesa, ameixa xapónica, ameixa italiana, ameixa de cultivo
Características
– Orixe: Foránea, aínda que ten nas nosas augas un alto valor comercial e interés marisqueiro
– Descrición física: A súa cuncha presenta estrías ben marcadas e é bastante rugosa
– Cor: Normalmente gris escuro con variacións dende tons esbrancuxados ata pardos, dependendo do tipo e composición do substrato no que se cría. Adoita presentar na cuncha manchas escuras e regulares en disposición radial
– Sifóns: Soldados entre sí ata, aproximadamente, a metade da súa lonxitude
Observacións
– Dispoñibilidade: todo o ano
– Prazo de pedido: un ano de antelación

RUDITAPES descussatus – Ameixa fina
Características
– Orixe: Autóctona galega
– Descrición física: A súa cuncha, en comparación con outras especies, caracterízase por ter ben marcadas as estrías radiais e as lonxitudinais, que debuxan unha patente cuadrícula, sobre todo, na parte posterior
– Cor: Moi variable, dependendo do tipo e composición do substrato no que vive. Varía entre gris e castaño escuro, con predominio de tons pardos ou grises
– Sifóns: Longos e separados en toda a súa lonxitude
Observacións
– Dispoñibilidade: todo o ano
– Prazo de pedido: un ano de antelación

OSTREA edulis – Ostra plana, ostra europea
Características
– Orixe: Autóctona galega
– Descrición física: Cuncha moi irregular, con crecemento escamoso e laminado. Unha valva é completamente plana e a outra cóncava
– Cor: Exteriormente, vai dende o gris escuro con iridiscencias azuladas ata o castaño pardo. Ambas valvas teñen un color branco nacarado na parte interna do animal
Observacións
– Dispoñibilidade: xullo a decembro
– Prazo de pedido: un ano de antelación